RESUMO DA POLÉMICA
O artigo sobre a lei do fumador, publicado por Francisco Rico en El País, o día 11 de Xaneiro de 2011, deu paso á polémica. O post scríptum co que remataba, no que o autor afirmaba que na súa vida fumara un cigarro, desencadeou a polémica. Ante as incesantes queixas dos lectores, sabedores de que Rico era un fumador empedernido, a defensora do lector viuse na obriga de realizar un artigo que tenta explicar o porqué deste post scríptum: consiste na aplicación dun recurso estilístico no que se falta á verdade e se mestura realidade (o eu biográfico) e ficción (o eu literario) co fin de reforzar o propio discurso: o Je est un autre (A. Rimbaud; ver www.elpais.com/articulo/opinion/Je/est/autre/elpepiopi/20100... ). A defensora engadiu que hai que discernir o periodismo da literatura e que non convén mesturalas, xa que aquel perdería credibilidade e podería dar lugar a polémicas, como a que xurdiu neste caso, sobre a verdade e a mentira. Se o autor pretendera facer un xogo de ficción literaria non debería publicalo na sección de Opinión.
O 13 de febreiro Cercas publicou o artigo Rico, al paredón, no que afirmaba que é lícita a introdución de mentiras fácticas que dean lugar a unha verdade moral. Así mesmo, expón que no periodismo, ao ser unha interpretación imaxinativa dos feitos, ten cabida o humor. A continuación, Arcadi Espada publicou no seu blog unha entrada que vinculaba a Cercas nunha redada contra unha trama de explotación sexual levada a cabo en Arganzuela, unha mentira fáctica, cunha finalidade moral que sería explicada polo propio autor posteriormente.
Máis tarde, o 16 de febreiro publicouse un artigo en El País no que se recolle a opinión dos dous personaxes. Espada dixo cunha clara ironía que Cercas tiña razón e que o artigo foi un acto de arrepentimento pola súa parte. A isto engadiu que o periodista de El País tiña abertas as portas dos xulgados. Cercas limitouse a reafirmar a súa tese e a cualificar de calumnia o artigo de Espada. Por último ao día seguinte, Espada publicou unha entrada no seu blog na que, resumiu o acontecido ata o daquela e mencionou outras ficcións diseminadas no periódico “rival”. Así mesmo, explicou que o artigo De volta do bordel trátase dun xogo no que aplica as premisas de Cercas coa finalidade moral de darlle una lección. Por último tratou un o artigo do 16 de febreiro, analizando as reaccións e a ameaza con ir aos xulgados de Cercas; concluíndo que: “faga o que faga, xaque mate”.
NOTA: Tentei resumir o máis importante da polémica. Se vedes algún erro nesta entrada, ou algo que credes que é salientable dicídeo.
Post escrito por Pablo Valledor García
Estou de acordo co resumo e páreceme que Espada ten gañada a situación como ben dixo e ben introduce Valledor "xaque mate". Aínda que esté de acordo coa opinión de Cercas, a ironía no periodismo sempre ten que ter límites se non poden ocorrer casos como o de Vigalondo, o de Bauluz, e incluso o do mesmo Cercas que como vimos foi perxudicado debido o seu artigo "El Gato Al Agua", temos que ter moito tino o usar esta arma no periodismo xa que a misión básica é a da información.
ResponderEliminarLa ironía es algo muy complicado , y gente que no conoce a Rico no tendría porque haberla captado . Lo que no se es como de cao le costará a Espada el jaque mate.
ResponderEliminarParéceme que neste caso o uso da súa propia menciña contra Cercas é un acto moi intelixente por parte de Arcadi Espada, anque non os términos nos que o usou. Non me parece lícito que dous escritores tan recoñecidos e con tantos fans conten mentiras deste tipo nun periódico, cuxo único oxectivo é o de manter informados os seus lectores. Non obstante, hai que recoñecer que foi unha xogada mestra. E no caso de Rico paréceme que é unha das licencias (o eu literario como está escrito no post) que se soen usar nos periódicos, e que soamente axuda a reforzar a opinión do autor. Dúas maneiras de pensar, dúas formas de usar a ironía, duas formas válidas, unha politicamente correcta, a outra non.
ResponderEliminarEl resumen esta estupendo.
ResponderEliminarSobre la Pd de Rico en su artículo, usa la ironía, pero cómo bien dice Adrián, no toda la gente sabe que es un fumador empedernido, entonces la ironía se puede convertir en una mentira. La ironía es difícil usarla por escrito, por eso puede causar malos entendidos y problemas. Creo todos están aprovechando la ocasión para hacer polémica.
O resumo de Pablo expón correctamente os feitos acontecidos.
ResponderEliminarPenso que a ironía utilizada por Francisco Rico no seu artigo tivo a repercusión mediática que el mesmo buscou. En canto ó "enfrentamento periodístico" entre Cercas e Espada, entendo que se sobrepasaron os límites, xa que o artigo de Espada poñía en entredito a moralidade de Cercas utilizando unha mentira fáctica. Non é o mesmo decir que nunca fumaches un cigarrillo, que vincular a unha persoa cunha rede de explotación sexual. Por último considero que a ironía pode ser un bo recurso sempre que sexa utilizada nun contexto adecuado.
Non estou de acordo co que dixo Fátima de que Espada vinculou Cercas cunha rede de explotación sexual. E creo que sí que é o mesmo dicir que nunca fumaches un cigarrillo e dicir que Cercas estivo en Arganzuela xa que as dous son mentiras fácticas e, desde o noso punto de vista, o do lector, igual de críbles xa que nin coñecemos os vicios de Cercas nin o fumador empedernido que é Rico.
ResponderEliminarPenso que Rico buscou él mismo a polémica que se creou no seu artigo,sobre a lei do fumador, pola ironía que intentou facer..,xa que, a ironía non se pode empregar por escrito, pois pódense entender moitas cousas menos a que un mesmo quere expresar.
ResponderEliminarPasando o outro tema sobre o enfrentamento que tuberon Cercas e Espada penso que tanto unha coma a outra son as duas mentiras fáticas e que cada quen pode pensar o queira,xa que,se descoñecen os personaxes.
Referente a opinión de Ángela, Espada sí que vinculou a Cercas cunha rede de explotación sexual, lanzando o bulo no artigo "Gato al agua". Estou dacordo en que ambas son mentiras fácticas, e que as dúas son para o lector igual de críbles, polo que o bulo de Arcadi Espada sobre o asunto de Arganzuela dana seriamente a imaxen pública de Cercas.
ResponderEliminarO único co que ... Non, penso que Espada actuou de forma completamente limpa. As mentiras son fruto da retagarda descoidada de Cercas nas súas redaccións, polo tanto ...
ResponderEliminarEspada venceu apoiándose na verdade factual, no conecemento verdadeiro, nos diríamos na episteme, e poderiase considerar un agélaste pero dos duros de roer, e se Cercas e non lle ve sentido á filosofía "agélastica" é imposible ou carece de sentido a conversa ou discusión deste con estes "cruzados contra o embuste", pois defenden, entre outras cousas, a valoración da doxa ou opinión. Poderíase comparar como unha indeterminación tipo Racionalismo-Empirismo, sen saída dado a diferencia de pincipios conceptuais.
Con todo, basándose nas verades factuais,penso que sae ganando Arcadi Espada. Moralmente penso que é un animal. SON ADRIÁN ALONSO